Monday 06 de May de 2024

Abre a oficina de turismo do Malecón


Xa está operativa a oficina de turismo do Malecón, que se suma así á existente todo ano no Centro de Interpretación de San Roque.

A dependencias sitas na céntrica vía de Santa Uxía permanecerán abertas un total de 5 meses (ata o último día de outubro). O horario provisional ata o 15 de xuño é de 10 a 14 e de 16 a 18.30 horas, todos os días da semana agás os martes. Pola súa parte, a do parque periurbano está operativa de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.

Espérase que o punto de información turístico ubicado en Xarás abra a mediados de mes, unha vez se repita o proceso selectivo para a contratación de outros dous técnicos de turismo, xa que no celebrado nos pasados días tan só aprobaron dúas persoas de nove admitidos e unha delas renunciou. A apertura desta oficina implicará unha reorganización de horarios.